En breve, a web dos Arquivos Estatais en Rede (AER) deixará de funcionar para dar paso a un novo sistema: o Portal de Arquivos Españois (PARES), que conterá a mesma información que na actualidade era posible consultar en AER, ademáis de incorporar novos documentos, segundo vaian sendo descritos e dixitalizados.

É o caso dos pleitos de fidalguía da Real Chancillería de Valladolid, que nestes intres ultiman a súa fase de probas, ou dos pleitos criminais, conservados nesta mesma institución. Segundo informan fontes do Ministerio de Cultura, e tal como se pode coñecer a través da actual páxina web dos Arquivos Estatais en Rede (AER), este servizo deixará de funcionar en breve, para ser substituido por un novo sistema: o Portal de Arquivos Españois (PARES), que conterá a mesma información que na actualidade era posible consultar en AER, ademáis de incorporar novos documentos, segundo vaian sendo descritos e dixitalizados. É o caso dos pleitos de fidalguía da Real Chancillería de Valladolid, que nestes intres ultiman a súa fase de probas, ou dos pleitos criminais, conservados nesta mesma institución.

O acceso a PARES terá lugar directamente na dirección http://pares.mcu.es, ou dende un link ubicado na sección de arquivos a web do Ministerio de Educación y Cultura, concretamente, dende http://www.mcu.es/archivos/index.html, e para garantir que o cambio entre o sistema de AER ao PARES sexa menos traumático, a redirección entre o primeiro cara o segundo será lugar de forma automática. Ademáis, o novo sistema evitará a necesidade de introducir códigos, de xeito que os usuarios poidan acceder directamente ao módulo de búsqueda con tódalas súas opcións.

É importante sinalar que ainda que PARES tamén lle permita aos investigadores dispor dunha axenda persoal, esta nova axenda NON incorporará os datos que foran engadidos ás axendas configuradas en AER.