Bienvenido a un viaje fascinante: La exploración de tus propias raíces familiares.

Sumergirse en la genealogía es como abrir un libro que cuenta la historia única de quienes vivieron antes que nosotros, tejiendo una narrativa rica en experiencias, desafíos y triunfos.

Imagina desenterrar secretos olvidados en el tiempo, desvelar conexiones sorprendentes y conocer las vidas de aquellos cuyas huellas nos preceden. La investigación genealógica no solo es un acto de curiosidad, sino también una puerta hacia la comprensión de tus orígenes y la herencia que llevas contigo.

Con paciencia y entusiasmo, te aventuras en un mundo lleno de descubrimientos que, eventualmente, te llevarán a la construcción de un árbol genealógico único y valioso.

Como investigar

...

Los Registros Civiles en Galicia

Registro Civil

...

Archivos parroquiales y diocesanos

Eclesiásticos

...

Recursos para genealogía en línea

On line

"Nós tamén invocamos hoxe aquí a protección do Santiago Apóstolo, de Prisciliano, de Santo André de Teixido, da Virxe do Carme, nai e señora da xente do mar, pero invocamos sobre todo a forza do pobo, a capacidade cívica, democrática, de nós mesmos para afrontar responsablemente e con coraxe esta situación de emerxencia, sen que se nos oculte a realidade, sen que se secuestre información, sen que falte á dignidade pretendendo acalar as verdades cun tintinar de moedas."

De xeito extraordinario como considero que é a situación que o provoca, reproduzo o texto do discurso que o escritor Manuel Rivas leeu hoxe en Santiago de Compostela.

Ricardo Lago Couce Gracias irmáns:

Aquí está a dignidade, aquí está a conciencia libre, aquí está un pobo vivo, aquí está a honra de Galicia.

Si, gracias irmáns:

Nós tamén invocamos hoxe aquí a protección do Santiago Apóstolo, de Prisciliano, de Santo André de Teixido, da Virxe do Carme, nai e señora da xente do mar, pero invocamos sobre todo a forza do pobo, a capacidade cívica, democrática, de nós mesmos para afrontar responsablemente e con coraxe esta situación de emerxencia, sen que se nos oculte a realidade, sen que se secuestre información, sen que falte á dignidade pretendendo acalar as verdades cun tintinar de moedas.

Si, gracias irmáns:

Gracias a todos os que viñestes do Eo ao Miño, gracias especialmente ás familias do mar que están aquí, co peso da dor e destas noites de vixilia sobre os seus ombros, e gracias tamén moi especiais a esa humanidade sensible, alerta oa sufrimento da xente e da destrucción da natureza, que dende todo o mundo ten enviado o seu abrazo solidario e amosa o seu noxo e horror polo que acontece no mar de Galicia. Un mar fonte de vida, un excepcional ecosistema, o máis precioso horto da creación, velaí o tedes, en permanente ameaza, convertido nun vertedoiro de velenos, machacado pola cobiza duns e o desleixo, o abandono doutros.

Convocados aquí, dunha maneira libre e unitaria, en marea cívica fronte á marea negra do Prestige e na crise e na emerxencia en que Galicia está asolagada:

Esiximos a declaración de Galicia como zona catastrófica. Trátase dun desastre de dimensións nacionais. Cómpre, pois, a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medio-ambientais e para a saúde provocadas por este sinistro.

O que precisa Galcia non son remendos paliativos senón plans a longo prazo que contemplen o binomio tan estreitamente relacionado de protección do medio ambiente e o emprego e benestar da poboación.

As institucións españolas, a Comunidade Europea e os organismos internacionais deberían contemplar tamén a existencia do que poderiamos chamar unha Débeda Histórica de Catástrofes, pois temos sufrido xa seis catástrofes deste tipo e de gravísimas dimensións en trinta anos, e é unha responsabilidade a asumir polas institucións galegas o demandar esas compensacións históricas. Non só quen contamina debe pagar senón tamén quen obtivo e obtén beneficios, as petroleiras deberían pagar.

Reclamamos para Galicia a inmediata posta en marcha de mecanismos de prevención que impidan que a catástrofe vaia en aumento, coa posta a disposición dilixente dos medios económicos e loxísticos para impedir a contaminación de novas zonas, a intensificación nas xa contaminadas e a limpeza e a restauración medioambiental da costa.

Reclamamos para Galicia a adopción de medidas determinantes, ben concretas, por parte do Goberno central e da Xunta para que feitos como este non se volvan a repetir nunca máis. Medidas para impedir xa, e é o momento agora, por respecto ao loito do mar, o paso de buques que non reúnan as garantías de seguridade, apartar o corredor marítimo e establecer un control estricto do tráfico e do almacenamento de mercadorías perigosas.

Reclamamos para Galicia a dotación dun verdadeiro dispositivo de salvamento, dun plan de emerxencia e dun operativo de reacción inmediata para loitar contra a contaminación mariña, con remolcadores axeitados e con buques anti-contaminantes. Aqueles que presumen de potencia mundial, ¿non lles cae a cara de vergoña ao ver que aí, cunha nova marea negra nas nosas costas, non hai un só buque anti-contaminante con pavillón español?

Reclamamos para Galicia a ubicación nesta costa da Axencia Europea para a Seguridade Marítima.

Reclamamos que se impulse unha lexislación internacional que acabe con este tipo de capitalismo delincuente, amparado na comenencia e nos paraísos fiscais, que estraba a vida dos pobos e dos verdadeiros paraísos do mar e da terra.

E rematamos:

O sinistro do Prestige e o ocorrido despois, pón en evidencia dun xeito inapelable a inexistencia de medidas de prevención axeitadas, a ausencia de plans de emerxencia para facer fronte a este tipo de catástrofes, a improvisación e descoordenación nas tarefas de salvamento e loita contra a contaminación e a total escaseza de recursos técnicos e humanos para facer fronte a este tipo de situacións.

Denunciamos as responsabilidades derivadas destas deficiencias. Reclamamos a demisión das autoridades que coa súa ineficacia e irresponsabilidade non souberon impedir que o accidente tivese as peores consecuencias. Dicímolo no código do mar: Delta India Mike India Sierra India Oscar November: Dimisión. É nas situacións críticas cando os gobernantes teñen que estar a carón do pobo, informando realmente, nos medios e no Parlamento, e activando os recursos dun país.

Polycommander, Urquiola, Erkowit, Andros Patria, Casón, Mar Exeo.... e agora Prestige. Xa non queremos contar máis. Xa abonda. Xa estamos petroleados ata as praias da alma. Galicia, movilizada de exemplar, conseguiu nos anos oitenta que se pechara o vertedoiro de residuos radioactivos, o cemiterio nuclear, fronte á costa de Fisterra. Pois ben. Hoxe dicimos:

NUNCA MÁIS. Que non se desprecie máis este S.O.S dun pobo canso de aturar e sufrir. Que se escoite en Santiago, Madrid e Bruxelas. Que se escoite onde se teña que escoitar.

Galicia é hoxe a humanidade que berra: ‘Nunca máis!’.


Manifesto final da marcha de Santiago. 01/11/2002.
...

Genealogías de personajes gallegos

Celebridades

...

Expediciones de gallegos a Cuba en 1854

Listas

...

Censos, padrones, catastros

Índices

...

Explorar nombres y lugares

Onomástica

...

Topónimos de origen germánico

Listados

...

Archivos Histórico Provinciales

Archivos

Apellidos de Galicia

...

En Apelidosgalicia.org disponemos de información de mas de siete mil apellidos. Su distribución por concellos, comarcas de Galicia, por provincias, comunidades de toda España, su etimología, nobiliaria, personajes famosos, heráldica...

Ir a Apelidos de Galicia

Los apellidos gallegos más comunes

García, González, Rodríguez, Fernández, López, Martínez, Sánchez, Pérez, Gómez, Martín, Jiménez, Ruíz, Hernández, Díaz, Moreno, Álvarez, Muñoz, Romero, Alonso, Gutiérrez, Navarro, Torres, Domínguez, Vázquez, Ramos, Gil, Ramírez, Serrano, Blanco, Suárez, Molina, Morales, Ortega, Delgado, Castro, Ortíz, Rubio, Marín, Sanz, Iglesias.

Los apellidos gallegos menos frecuentes

Vilaboi, Seija, Vequez, Allón, Apariz, Gorrity, Desantiago, Martiñeira, Ensa, Doejo, Subirol, Bermolen, Domuiño, Quiveo, Croque, Peirallo, Brisaboa, Láncara, Forcade, Puñín, Cabeceira, Menaz, Outeriño, Do Val, Galáns, Panisse, Gasamán, Villasanín, Ermida, Cantarilla, Lostre, Gaveiras, Dejuane, Segades, Salcido, Astrar, Donacimiento, Taberneiro, Mueso, Corsanego.

...

¿Porqué llevamos apellidos?

Los nombres y apellidos son mucho más que simples etiquetas; son reflejos de la historia, la cultura y las tradiciones de las personas que los llevan.

Apellidos