Bienvenido a un viaje fascinante: La exploración de tus propias raíces familiares.
Sumergirse en la genealogía es como abrir un libro que cuenta la historia única de quienes vivieron antes que nosotros, tejiendo una narrativa rica en experiencias, desafíos y triunfos.
Imagina desenterrar secretos olvidados en el tiempo, desvelar conexiones sorprendentes y conocer las vidas de aquellos cuyas huellas nos preceden. La investigación genealógica no solo es un acto de curiosidad, sino también una puerta hacia la comprensión de tus orígenes y la herencia que llevas contigo.
Con paciencia y entusiasmo, te aventuras en un mundo lleno de descubrimientos que, eventualmente, te llevarán a la construcción de un árbol genealógico único y valioso.
Milleiro envianos este documento a debate sobre os fondos documentais que foron levados ao Arquivo Histórico Nacional a través das medidas desamortizadoras no século XIX. Os fondos expoliados dos mosteiros galegos seguirán no Arquivo Histórico en Madrid.
Unha iniciativa do deputado nacionalista Francisco Rodríguez, pretendía a devolución aos arquivos históricos galegos dos fondos documentais dos mosteiros galegos que están no Arquivo Histórico Nacional. O PP rexeitou tanto que sexa expolio como que se podan devolver "sen romper a unidade de arquivo".
Segundo o deputado nacionalista son 4.100 pezas documentais os fondos que foron levados ao Arquivo Histórico Nacional a través das medidas desamortizadoras no século XIX. Daquela produciuse unha enorme fragmentación dos arquivos provocada polos criterios seguidos, clasificando os documentos en función de se son pergameus, libros, papeis, códices ou cartularios. Ademais a división faise por provincias, o que segundo Rodríguez "responde a un criterio anacrónico, irracional e profundamente centralista; non cabe dúbida que non é igual consultar os fondos por provincias que consultalos desde o punto de vista daqueles que pertencen ao reino de Galicia".
A documentación de meirande interese pertence ao reino da Galiza medieval, e resulta fundamental para coñecer a conformación dos reinos occidentais da Península Ibérica ata o século XV.
A proposta nacionalista supuña trasladar, previo acordo coa Xunta, aos Arquivos Histórico-Provinciais galegos, os fondos. Alternativamente, o BNG propuxo a realización dun convenio que permitise microfilmar o material para telo en acceso directo en Galiza.
O deputado do PP, Fariñas Sobrino, basou o rexeitamento do PP, singularmente, na necesidade de conservar a unidade de arquivo e considerou que a proposta "obedece a un modelo de estado que nós consideramos incongruente".
Un tesouro ao lonxe
Segundo a Guía do Arquivo Histórico Nacional, elaborada por Luís Sánchez Belda e que foi publicada en 1958, pódese seguir o montante enorme de documentación que saiu dos mosteiros galegos. Esta é unha selección do que alí expón e dá unha idea da magnitude do tesouro documental.
- Sta Eulália de Curtis, ten un pergameu do ano 862.
- Ribas de Sil (Ourense), ten outro do 871
- San Salvador de Lérez (Pontevedra), empeza a sua série no ano 866
Con diplomas datados no século X, inician as suas coleccións respectivas os mosteiros de
- Bieito de Monte Sacro, ano 914, Compostela-A Coruña
- Bieito de San Martiño Pinário, ano de 912 Compostela-A Coruña
- Bieito de San Paio de Antealtares, ano 968 Compostela-A Coruña
- Igrexa de Maus, ano 962, Lugo
- Catedral de Mondoñedo, ano 914, Lugo
- Bieito de Pombeiro, ano 964, Lugo
- San Salvador de Celanova, ano 951, na de Ourense e que garda ademáis un dos máis voluminosos e interesantes cartulários de toda a sección.
Pola antigüedade dos documentos conservados, como nos casos anteriores, e ademáis polo elevado número destos, merecen mencionarse os arquivos monásticos seguintes, onde indicamos o ano en que empeza a sua colección diplomática e número de pergameus que a compeñen,
- Samos, Lugo. Ano: 818, Pergameus: 1703
- Ferreira de Pallarés, Lugo. Ano: 898, Pergameus: 562
- San Salvador de Lourenzá, Lugo. Ano: 933, Pergameus: 353. Con interesante cartulário do século XIII ademáis da colección diplomática.
- Melón, Ourense. Ano: 973 , Pergameus: 893. Conserva ademáis tres libros priviléxios e un rexistro de escritura.
- Catedral de Lugo. Ano: século X, Pergameus: 1615. Son especialmente valiosos desta procedéncia os chamados “Tumbo Vello”, do século XIII, e “Tumbo Novo”, do século XVIII, que transcriben unha enorme cantidade de diplomas dos séculos X ao XIII, máis os cincos volumes de escrituras e 96 legaxos de papeis.
- Meira, Lugo. Ano: X, Pergameus: 1242
- Armenteira, Pontevedra. Ano: 1068 , Pergameus: 729
- Chantada, Lugo. Ano: 1073 , Pergameus: 322
- Sobrado, A Coruña. Ano: 1078, Pergameus: 622. E un rico tumbo do século XIII en dous volumes.
- Oseira, Ourense. Ano: 1083, Pergameus: 1051. E 2 rexistros de priviléxios e escrituras do mosteiro.
- San Martiño de Xúbia, A Coruña. Ano 1100, con poucos pergameus, pero con dous valiosos cartulários.
- Oia, Pontevedra. Ano: 1113, Pergameus: 1264.
- Poio, Pontevedra. Ano: 1116, Pergameus: 317
- Montederramo, Ourense. Ano: 1124, Pergameus: 491
- Monfero, A Coruña. Ano: 1128 , Pergameus: 280
- Toxosoutos, A Coruña. Ano: 1135 , Pergameus: 35. É especialmente digno de destacarse o tumbo deste mosteiro polas suas escrituras e sobre todo polas preciosas miniaturas de estilo gótico, con representación de reis e raiñas.
- Pena Maior, Lugo. Ano: 1164, Pergameus: 493
- San Vicente do Pino, Moforte-Lugo. Ano: 1196 , Pergameus: 350
1 - ANTONIO BERMÚDEZ DE CASTRO, CURA Y RECTOR PROPIO DEL BENEFICIO CURADO DE SANTA MARÍA DE COIRO, CON ALBERTO Y DOMINGO DAS BOUZAS, LUIS DOSIL, JACINTA DE COIRO, BARTOLOMÉ DE MOLEDO Y OTROS. SOBRE REIVINDICACIÓN DE BIENES DE DICHA IGLESIA. .
En Apelidosgalicia.org disponemos de información de mas de siete mil apellidos. Su distribución por concellos, comarcas de Galicia, por provincias, comunidades de toda España, su etimología, nobiliaria, personajes famosos, heráldica...