Consta de 13 páxinas en formato PDF de 620 KB. Está orgaizado en fichas individuais con información pormenorizada de cada arquivo. Dirección postal, teléfono, correo electrónico, páxina web, persoa de contacto, horarios, condicións e medios dos que dispón son algúns dos datos que atoparemos.
Os arquivos dos que trata este primeiro informe son:
A Coruña. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, Arquivo Catedralicio de Santiago de Compostela, Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela e Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.
Lugo. Arquivo Central Parroquial de Lugo, Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Arquivo Histórico Diocesano de Mondoñedo-Ferrol.
Ourense. Arquivo Histórico Diocesano de Ourense, Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
Pontevedra. Arquivo Histórico Diocesano de Tuy-Vigo, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Dirección da web do grupo Genealogía de Galicia Para os que non conozcan o grupo "Genealogía de Galicia" direi que é unha lista de correo que leva funcionando xa vai para tres anos. Está aloxada no espacio web que Yahoo ten adicado ós grupos, e ainda que podemos seguir a marcha do grupo vía web leendo e enviando mensaxes (coma nun foro web) tamén podemos recibir as mensaxes co noso xestor de correo electrónico. Esta é unha das principais ventaxas das listas xa que se non queremos facer moito uso da nosa conexión a Internet, bastan só uns segundos para enviar e recibir o correo, e despois xa desconectados leelo con tranquilidade e contestalo si é o caso.
Tanto para leer as mensaxes na páxina web e acceder ós arquivos do grupo, como para empezar a recibir e enviar mensaxes hai que estar subscrito, ou de xeito máis completo rexistrase na web e arranxar ámbalas dúas cousas a un tempo.
Para subscribirse (e comenzar a recibir e enviar emails co noso xestor de correo) o xeito máis sinxelo e poñendo un enderezo de correo electrónico no bloque da dereita da páxina de Inicio de esta web en "Lista de Genealogía de Galicia" e pulsar "Subscribirse".
Para rexistrarse como usuario de Yahoo accedemos primeiro á dirección http://es.groups.yahoo.com/group/genealogia_galicia/ e pulsamos enriba de todo onde dí "¿Nuevo usuario? Registradme". Logo hai que ir seguindo as indicacions, para finalmente apontarnos ó grupo na mesma páxina.
Facendoo deste xeito poderemos especificar coma queremos pertencer ó grupo, o modo de recepción das mensaxes, e tamén é o único xeito de poder baixar o arquivo "Archivos Generales", que era o fin deste artigo.