- Modifícase o Inicio de Xenealoxía.org coa sección Noticias para poder subscribirse ó contido web e poder seguir máis doadamente as novas entradas.
- A anterior páxina de Inicio consérvase cun novo enlace no menú de tódolos usuarios rexistrados.
- Tendo en conta que a totalidade de esta web é texto, auméntase o tamaño dos tipos de letra nun punto de forma xeral i en dous para algúns titulares.
- A sindicación do contido pasa a ser un feito: https://xenealoxia.org/backend.php
En Xenealoxía.org isto podíase facer e pódese coas Noticias, pero iso non era suficiente pois non nos mantiña ó tanto da marcha do resto da web (Liñaxes, Apelidos, Artigos, Enlaces...).
Para subsanar isto a partir de agora a páxina de Inicio vai ser a sección de Noticias, e todos os cambios ou novas entradas das outras seccións pasarán por esta. Que se publican dez apelidos, haberá unha noticia dicindo que se publicaron tales apelidos, o mesmo as Liñaxes, etc. Deste xeito a comunicación que os tempos demandan queda asegurada. Os Foros non entran polo de agora neste esquema, pero algo hai que vir por aquí ¿non?.
Para que ninguén vote nada a faltar, tódolos usuarios rexistrados teñen no menú da esquerda un novo enlace chamado “Principal”, pulsando neste enlace accedese á páxina que era o Inicio de Xenealoxía.org hasta agora e á que todos estamos acostumados.
Tamén á esquerda embaixo puxen un gráfico GIF para os webmasters que queiran poñer un enlace cara Xenealoxía.org no seu sitio web (312 bytes).
E xusto embaixo outro gráfico que pon “XML”, onde se pode copiar a URL para sindicar as noticias.
Para os que teñan intres en ampliar máis sobre a subscrición de noticias ou sindicación aconséllolles a páxina da Universidade de Murcia:
"Sindicación de contenidos (suscripción a la bitácora)"
http://www.um.es/broadpeak/tut_sindicacion/index.php
e na web Úsalo:
"RSS. El que no lo conoce no lo usa"
http://usalo.blogspot.com/2005/08/rss-el-que-no-lo-conoce-no-lo-usa.html
Saúdos:
Ricardo Lago