
A Deputación Alavesa maila entidade Eusko Ikaskuntza veñen de realizar ó longo de catro anos un amplo estudio sobre a heráldica de máis de 400 poboacións da provincia.
O traballo levado a cabo polo membro de Eusko Ikaskuntza, Juan Vidal Abarca e a historiadora Mónica Pérez de Heredia, non foi somentes de recolleita de datos, xa que só 33 dos 51 axuntamentos posuían escudo, e 16 das xuntas tampouco tiñan. Nestes casos tívose que criar un novo deseño axudándose de elementos relevantes coma o nome do concello.
Ó mesmo tempo o profesor da UPV Iñaki Bazán, fixo un estudio histórico de cada municipio así coma pequenas biografías de persoeiros.
Toda a obra editarase en breve, en total doce volumes dedicados á historia e un máis ós deseños heráldicos. Máis tarde editarase en CD.
Fontes:
- B. Corral. Un estudio de Eusko Ikaskuntza recoge 439 escudos de Álava. Jueves, 23 de marzo de 2006, El Correo Digital.
- María Maigorri. Eusko Ikaskuntza recupera más de 300 escudos de pueblos alaveses.23 de marzo de 2006, DIARIO DE NOTICIAS DE ÁLAVA.