Nestes tempos nos que moitas veces os antigos señores emerxen da historia arrodeados dun halo de heroes, Patricia Hermida ofrécenos un contrapunto dende Ferrolterra no Correo Gallego.
Evidentemente a autora non comparte as interpretacións fascinadas polas liñaxes dirixentes de outrora, e pódeselle achacar o tratar o asunto dende a posición dunha muller do 2006, como xa se insinúa nun comentario.
Máis eu acho que non. Xa en tempos de Xesucristo, Herodes era Herodes, e Pilatos Pilatos, por descontado Xesús era Xesús, cadanseu no seu papel. Y cando investigamos nos distintos séculos co xeito de os persoeiros facer as fortunas e chegares a ser importantes atopámonos sempre cos mesmos cuestionables procedementos (dende a miña visión por suposto). A historia é a historia, pero non pode levarnos a considerar coma heroe na historia a alguén que hoxe sería un terrorista por poñer un exemplo extremo, neste gusto actual pola perversión dos significados.
Tráeme a cabeza unha historia que escoitei unha vez na radio, onde entrevistaban a un home que seica ía a recibir unha fortuna dunha parente moi aristocrática que morría sen descendencia. O periodista preguntoulle como foi que a súa parente adquiriu semellante fortuna, ó que lle respondeu:
-Traballando dende logo non, eu levoo facendo toda a miña vida i é imposible. ;-)
