O centro asociado da UNED de Pamplona dentro dos cursos de vran organiza un curso de "Iniciación á xenealoxía" que comeza o vindeiro mes de setembro dos días 11 ó 15.
¿Que é a xenealoxía? Ferramentas para a realización das xenealoxías e historias da familia; a formación do apelido; orixes da familia moderna; a conservación da memoria familiar; e familiarización coas fontes de información; serán os temas. O curso inclúe visitas a arquivos de Pamplona.
Xa está aberto o prazo de inscripción para este curso que ten un custo de 60 euros (42 para alumnos, profesores e persoal da UNED). A matrícula realízase no Centro Asociado da UNED de Pamplona.
Dirixido e impartido por Juan Carlos Mora (xerente do EreitenKultur Zerbitzuak e investigador adscrito ao Departamento de Arqueoloxía Histórica da S.C. Aranzadi), neste curso vaise a abordar a xenealoxía tanto desde un punto de vista teórico como práctico.
"Dentro da actual sociedade do coñecemento, o estudo do pasado converteuse nunha das ferramentas máis importantes para coñecer e interpretar o noso momento presente. Con este curso pretendemos facilitar o traballo de todas aquelas persoas interesadas en investigar a orixe dos seus devanceiros, mostrándolles as ferramentas necesarias para acometer con éxito esta tarefa".
A continuación reproducimos unha traducción do programa completo do curso:
INICIACIÓN Á XENEALOXÍA
Luns, 11 de setembro
¿Que é a xenealoxía? Ferramentas para a realización das xenealoxías e historias da familia
- 16.30-18.30 Elaboración dunha árbore xenealóxico. Modelos. Bases de datos. Programas e direccións webs.
- 18.20-19.00 Descanso
- 19.00-20.30 A historia da familia e os arquivos. Fontes cuantitativas e cualitativas e bibliografía
Martes, 12 de setembro
A formación do apelido
- 16.30-18.30 Xénese. O apelido na antigüidade. Evolución medieval e fixación.
- 18.20-19.00 Descanso
- 19.00-20.30 Formas de apelidarse (Navarra, País Vasco e España). De occidente a outras partes do mundo. Apelidos e xenealoxía: elementos a ter en conta.
Mércores, 13 de setembro
Orixes da familia moderna
- 16.30-18.30 Do parentesco e o liñaxe á formación da casa e a aldea. Evolución na percepción da identidade. Do social ao territorial.
- 18.20-19.00 Descanso
- 19.00-20.30 A familia actual, outras realidades. Datos sobre a familia en época moderna e a súa relación coa investigación xenealóxica.
Xoves, 14 de setembro
A conservación da memoria familiar
- 16.30-18.30 Perdurabilidade como obxectivo. As estratexias de reprodución: do matrimonio á morte. Emigración e relixión. A comunidade veciñal: rede social de apoio
- 18.20-19.00 Descanso
- 19.00-20.30 A importancia da confección de xenealoxías para a comprensión da realidade sistémica moderna. Conclusións.
Venres, 15 de setembro
Familiarización coas fontes de información
- 9.00-11.00 Visita ao Arquivo Xeral de Navarra. Aproximación ás fontes cualitativas.
- 11.00-11.30 Descanso
- 11.30-13.00 Visita ao Arquivo Diocesano de Pamplona. Os libros parroquiais.
Fontes:
"La depresión, la genealogía y el cine centran los tres Cursos de Verano de la UNED de Pamplona" . Centro Asociado de Pamplona UNED. 6-Junio-2006.
"La UNED de Pamplona centra sus cursos de verano en el cine, la depresión y la genealogía". DiariodeNavarra.es, 22-8-2006.