Dende a administración de Soios nos informan do lanzamento da versión 1.0 do buscador de xenealoxía Oribus. Agora inclúe sitios de xenealoxía española e portuguesa, i entre eles Xenealoxía.org.
Isto fai que o que moitas veces é un tedioso traballo nas buscas, fagámolo en milésimas de segundo. Bótase en falta na presentación dos resultados dalgúns sitios o segmento do texto que envolve o termo da busca para orientarnos se imos no camiño correcto. Dito esto co anímo de seguir adiante nunha ferramenta que xa é espectacular para unha 1.0.
Ollo! que os administradores do Oribus non se durmen, xa que o buscador presentanos o texto de arredor do termo da busca en tódolos casos. (Corrixido:18-10-2006)
Podes probalo buscando un apelido en: http://orixes.soios.com/oribus/index.php.
Se tedes unha web de xenealoxía e queredes engadila ao buscador, debedes enviar unha mensaxe a