Informa Jesús A. Rivero en Panorama Digital de Venezuela, que a partir das afirmacións de Juliana del Carmen Bolívar, unha anciana venezolana que asegura ser descendente da familia do Libertador Simón Bolívar, xurde unha polémica na que os historiadores non dan creto e propoñen facerlle xa unha proba de ADN á muller.
Según as afirmacións da propia Juliana sería neta de Juan Vicente Bolívar Tinoco e bisneta de Juan Vicente Bolívar y Palacios. Podemos ver a xenealoxía publicada aquí por Xavier Milleiro Simón Bolívar. Líder independentista, onde Juan Vicente Bolívar Palacios é o IX - 18, e un dos fillos Juan Bolivar Tinoco o X - 17, para mellor seguir o que alí se nos dí.