Apertium traductor Acabo de recibir unha importante nova para navegantes, trátase dun servizo de tradución en liña para textos ou mesmo páxinas web completas de galego ó español, ou de español ó galego: é o Apertium.
Esta “revolución” tecnolóxica na medida que avance na súa perfección levaranos ós editores de páxinas web a poder tratar o tema do idioma con máis liberdade, pois sitios coma este, Xenealoxía.org, de temática galega pero cun alto índice de navegantes de fala española podería ser navegable en español sen ningún esforzo adicional pola nosa banda grazas ó Apertium. Xenealoxía.org baixo Apertium O proxecto e de Fonte Aberta (Open Source) y está aloxado en SourceForge.net, fundado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio de España, i desenrolado polo "Departament de Llenguatges i Sistemes Informàtics da Universitat d'Alacant." e o "Seminario de Lingüística Informàtica of the Universidade de Vigo".

O prototipo Apertium nas tres modalides agora mesmo en proba podemos testalo na páxina web da Universitat d'Alacant: Español-Catalán, Español-Galego i Español-Portugués.
http://xixona.dlsi.ua.es/prototype/

O prototipo Apertium só na modalidade Galego na Univeridade de Vigo:
http://sli.uvigo.es/tradutor/index.html

"Apertium: an open-source shallow-transfer machine translation engine and toolbox"
http://apertium.sourceforge.net/

SourceForge.net: apertium
http://sourceforge.net/projects/apertium/