
De feito xa podemos ollar en liña algúns dos traballos do autor, de momento en formato "jpg". O pasado novembro referenciábamos aquí dous deles: Pazos de Ferrol e Heráldica na Comarca de Ferrol. Ámbolos dous están xa publicados, xunto con "Os Andrade de San Sadurniño" e un traballo de Rafael Usero sobre "Heráldica e liñaxes de Cedeira". A estructura web é o que coñecemos coma bitácora (blog en inglés) polo que podemos sindicar o seu contido e así estar atentos ás novedades.
Segue a enumeración dos artigos publicados a día de hoxe e dispoñibles en http://ferrolheraldica.blog.com.es/
- Artigo de RAFAEL USERO sobre HERÁLDICA e LIÑAXES de CEDEIRA
- Artigo de RAFAEL USERO sobre HERÁLDICA e LIÑAXES de CEDEIRA (2)
- OS ANDRADE DE SAN SADURNIÑO
- PAZOS DE LA COMARCA: La hidalguía en la historia
- HERÁLDICA NA COMARCA DE FERROL: Algúns exemplos da súa evolución
- O PAZO DE FERROL VELLO