"A Biblioteca de Autores Cristianos (BAC) presentou onte en Santiago de Compostela, os dous primeiros volumes dos vintecatro que integran a Historia de las Diócesis Españolas."
"Corresponden ós números 14 e 15 da colección e relativos ás cinco dioceses galegas: Santiago de Compostela e Tui/Vigo e Lugo, Mondoñedo-Ferrol e Ourense." "Na súa elaboración participaron máis de dous centenares de historiadores, arquiveiros e especialistas en diversas disciplinas, todos eles docentes cualificados en universidades da Igrexa e do Estado."
A coordinación correu a cargo de José García Oro, profesor titular de Historia da Universidade de Santiago.

Ler máis en El Correo Gallego i en La Voz de Galicia

Os datos da colección son os seguintes:
Título: Historia de las diócesis españolas.
Autor: García Oro, José, coordinador.
Editorial: Biblioteca de Autores Cristianos.
I.S.B.N: 84-7914-540-4 Obra completa.