Publicado como Separata do Anuario "Descubrindo Deza", o traballo de César Gómez Buxán adéntranos na historia da Casa de Brenzos, xa desaparecida hacia o XVIII, os seus escudos de armas, e ofrécenos un pormenorizado estudio xenealóxico da súa liñaxe. Título: Xenealoxías Dezanas. A desaparecida Casa de Brenzos.
Autor: César Gómez Buxán.
Editorial: Separata Nº 4 do Anuario de Estudios e Investigación "Descubrindo Deza".
Fecha: 2002

As miñas felicitacions ó amigo Cesar polo seu traballo.
Témonos que remontar no tempo: 1022, parroquia de Santa Baia de Losón... lugar de Rolán... unha torre. Esa é a viaxe que nos propón Cesar ó traveso dos documentos.
Máis definidas preséntanse as armas da Casa Brenzos:
Campo cuartelado en cruz. 1º trece roeis en pal (Lopez de Lemos). 2º tres táboas en pal (Taboada), tres táboas en barra (¿Varela?), tres flores de lis (Deza). 3º unha torre almeada sobre ondas, con dúas troitas nadando entre as augas, deitada de dúas cunchas de vieira (Churruchaos). 4º Tres caldeiras al ordeadas (Taboada), dúas rodas de carro (Camba).
O estudio xenealóxico comprende:
  1. Vasco Barreiro, n. 1430.
  2. Urraca Rodríguez.
  3. Gonzalo Taboada Monteagudo.
  4. Vasco Taboada do Carrio.
  5. Don Antonio Taboada Monteagudo.
  6. Don Vasco Taboada y Lobera.
  7. Don Andrés Taboada.
  8. Doña María Andrea Taboada (ou Gil Taboada).
  9. Don José Antonio Taboada Mosquera.
  10. Don Francisco Luis Taboada Gil Mosquera.
  11. Don José Taboada de Mondragón.
  12. Don Carlos Taboada Rada.
  13. Don Carlos Taboada Bugallo.
  14. Don Carlos Taboada y Sangro Bugallo y Ros de Olano.
  15. Don Carlos Taboada y Sangro.


Ricardo Lago