...No seu decorrer rápido e desleixado, ao fio dunha vella cronoloxía das idades do mundo, sucédense a chegada do corpo do Apóstolo, a serie de bispos irienses reais ou imaxinarios, reis godos e reis de Asturias e León, invasións e catástrofes... Título: Crónica de Santa María de Íria
Autor: Rui Vasques
Editorial: Ediciós do Castro
Fecha: 2001
I.S.B.N.: 84-8485-035-8

- Estudo e edición de José Antonio Souto Cabo.
- Edición patrocinada polo Excmº. Cabido da S.A.M.I. Catedral de Santiago e o Seminario de Estudos Galegos.

- Da presentación do libro:

* "(...) Nese contexto, explicase suficientemente a notoria precariedade literaria da nosa prosa na Galiza da Baixa Idade Media, e isto acrecenta o valor da denominada 'Crónica de Santa María de Íria'. A mesma irrelevancia eclesiástica do autor é digna de atención: Rui Vasques non pasa de ser un humilde clérigo que expresa na lingua o que tira e traduce de consabidas e moi contadas obras en latín (...). No seu decorrer rápido e desleixado, ao fio dunha vella cronoloxía das idades do mundo, sucédense a chegada do corpo do Apóstolo, a serie de bispos irienses reais ou imaxinarios, reis godos e reis de Asturias e León, invasións e catástrofes. O clérigo un tanto pobre de clerecía transparece en traduccións inexactas ou erradas, que se fan perdoar con saborosas interpolacións sobre acontecementos próximos que lle tocou vivir (...)".