TÍTULO: La Historia después del fin de la historia
AUTOR: Josep Fontana, 1992
EDITORIAL: Crítica, serie general
ISBN: 84-7423-561-8

Aínda que é un traballo de hai xa 14 anos, ven a colación porque día a día van-se poñendo máis de manifesto os esforzos por desvirtuar a historia da súa esencia de instrumento de análise crítica do pasado e a súa reinterpretación desde os parámetros ideolóxicos "de vía única" que hoxe predominan. Nesta estudo acerca dos problemas actuais da historiografía, o profesor Fontana aborda as múltiples adherencias que se lle están a poñer á ciencia histórica: desde a imitación mecánica de métodos propios das ciencias da natureza ou a utilización predominante das representacións mentais como motor da historia, astra a sustitución dos feitos reais polos discursos que se referen a eles.
De obrigada leitura nos días que vivimos.