Título: ¡Viva El-Rei! Ensaios Medievais
Autor: Carlos Barros Guimeráns, 1996
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
ISBN: 84-7507-961-X

Un estudo distinto en torno ao século XV na Galiza. Transición entre a Idade Media e a Moderna, posicións dos distintos estratos sociais e resultados históricos. De cómo moitos tópicos sobre Os Irmandiños, os nobres e a coroa se poden ver desde outro punto de vista. Non esperedes "batallitas", nen heráldica, nen cabaleiros mártires, nen pobo patriota. Simplemente o decurso das forzas económicas, sociais e políticas dun tempo común a moitos lugares.

O AUTOR:
Este profesor da Universidade de Santiago é un dos promotores da importante enquisa mundial acerca da historiografía actual, e dos organizadores do Congreso "A historia a debate". Podedes acceder á súa páxina persoal nun enlace deste portal.

=> Web de Carlos Barros