Ir máis aló na comprensión dos lugares nos que se desenvolveu a vida dos nosos devanceiros, é de interese pra moitos de nós. O profesor Fernando Cabeza Quiles co seu libro, convírtese nunha grande axuda para esta tarefa.
Título: Os nomes da terra. Topónimos galegos
Autor: Fernando Cabeza Quiles
Editorial: Toxosoutos, S.L.
Fecha: Noia, 2000
ISBN:84-89129-97-5

Neste libro, os nomes dos lugares aparecen documentados en Galicia e noutras partes da península incluído Portugal.
Na limiar de Felipe Senén dísenos entre outras "Topónimos con forte acento galego dos avós, noutrora perseguidos, desfigurados, maltratados polos uns e polos outros, en ocasións por decreto, para chegar deica nós eivados... e poida que o ambiente contaminado dificilmente os deixe recuperar. Mais o que está de ser está."
Neste libro ofrécenos a orixe e o significado duns 2000 nomes, alguns deles con fotografías.
Teñen entrada propia os seguintes:
Adoufe, Aguapesada, Anllo, Armada, Baio, Baiona, Baión, A Baiuca, Balcón de Pilatos, Baralla, Bares, Barouta e Balouta, Barra, Bazar, Beethoven, Beloso, Cabeza Bellosa, Cabeza Calva, Peludillo, Bertamiráns, Ramiráns, Batalláns, Bértoa, Besteiros, Oleiros, Ferreiros, Tintureiros, Panadeiros, Boeiro, Boiro, Boqueixón, O Burato do Inferno, Cacabelos, Cacheiras, Cachón, Cal, Calo e Rúa de Francos, Camelle, O Camiño do Correo, Campo de Marte, O Campo do Rollo, Os Caneiros, Carallete, A Carballa, Cardavós, A Casa da Conga, Cascallal, Castrofeito, Castromao, Celanova, Cerponzóns, Chandrexa de Queixa, Chantada, Chas e Chenlo, Chave, O Con dos Galos, O Corgo, A Costa do Sal, O Coto do Ferro, O Couto, Cures, Currás, Dices, Eirís, Enfesta, A Escabia, O Espiño, A Estivada do Pan, Extramundi, Faramontaos, Fecha, Fedorento, Fonte Caldeira, Forcarei, Sixirei, Recarei e Guimarei, As Freitosas, A Gallada de Franza, Galo, Gatos das Cabras, Golada, Gulías, Ínsua, As Labradas, As Cavadas, As Avesadas, Rozadas, Cachadas, A Lanzada, Laredo, A Laxe do Mosqueiro, Laza, Lazo e Lacillo, Lindoso, Maniños, A Matanza, Mazaricos, O Mazo, A Merca, Mintiráns, Nogalláns, Troáns, Modia, O Molido, Monfero, Monteagudo, O Monte das Ánimas, O Monte das Preas, Mordomo, Morgade, Mos, Mugardos, Murias, Negreira e Moreira, Noia, Nouche, Noville, Oeste, Olga, Ortoá, Oseiro, Oza dos Ríos, Padín, Abuín, Bandín, Paiosaco, Parada e Paradela, Parameán, A Pedra da Folga, A Pedralonga, A Pena da Ola, A Peroxa e A Piroga, A Picota, A Pinguela, Pino de Val, Pombeiro, Ponferrada, Ponte Carreira, Ponte dos Padriños, O Porriño, Porto do Son, Portor, Puerto de los Vizcainos, Punta Batuda, Punta Nariga, As Quenllas, Rabo de Egoa, Raña, Renque do Peixe, Requián, Riazor, Rodeiro, O Rodo, Rúa da Estrela, Rúa Fomento, A Rúa dos Malteses, Sabadelle, As Saíñas, Samil, O Sangradoiro, Santa Mariña de Dozo, San Xoán de Seoane, Setecoros, Sigüeiro, Silleda, Sillosa e Silleiro, Sino, Sísamo, Sofán, Someso, e Somo, Suertes, A Toca, O Trece, O Vinte, O Vinteoito, e O O, Tritosende, Valdoviño, O Ventorrillo, Vilalva, Vilar de Cidre, A Vouga, Xeixo, O Xistral e O Vasoiral, Xove, Xunta de Augas e Zanfogas.
Que o disfrutedes