Os Reis de Galicia é un libro de recente saida e cuxo autor é o historiador Anselmo López Carreira. Publicado por Edicións A Nosa Terra.

Cesar Lorenzo Gil, en A Nosa Terra nº 1101 páx. 31 comenta: "Hai mil anos, os reis galegos andaban á moda dos árabes de Córdoba e no século V, un monarca suevo foi o primeiro de Europa en acuñar moeda fóra de Roma. Datos case descoñecidos como este pódense ler neste libro de Anselmo López Carreira".