Arqueólogo do Museo de Pontevedra, Antonio de la Peña é responsábel, entre outras, das escavacións de Santa Tegra. Acaba de publicar Prehistoria, castrexo e primeira romanización (A Nosa Terra), libro no que se declara "agnóstico do celtismo" e no que defende que os nosos antergos eran un pobo diferenciado: campesiños en lugar de guerreiros, individualistas, con tres idiomas propios e asentados en pequenas aldeas.

http://www.anosaterra.com/documentos/central.php?pagina_actual=cultura.php&numero=1102#3