Título: Os nomes da ría de Vigo. III.
Autor: Gerardo Sacau Rodríguez.
Editorial: Instituto de Estudios Vigueses.
Páxinas: 343 páx.

Comentário de M. Blanco Rivas, no Faro da Cultura nº77, do 1 de Abril de 2004, sección Andel de Novidades:
O volume de Gerardo Sacau constitúe unha importante achega ao estudo da toponimia da ría de Vigo, un campo ata hai pouco ermo de publicacións, pero sobre o que nos últimos anos ten aparecido varios traballos de notable interés, algúns deles precisamente de autoría do director do Instituto de Estudios Vigueses. Con esta última aportación, o profesor Sacau, non soamente intenta recuperar a memória toponímica da rexión, explicandoa, relacionándoa, senon que ensina e esixe que se volva a sua orixe, que se coñeza, que se respecte, que se manteña na sua lingua orixinal. Neste terceiro volume, que abrangue os nomes da ria dende Oitavén, e o Verdugo ata o facho de Donón, Gerardo Sacau quere que os sentimentos vencellados dende hai séculos a determinados lugares, afloren a través dos topónimos, "para que non se perda nin unha vez máis unha soa palabra do noso pasado".