Heráldica y linajes vigueses Tïtulo: Heráldica y linajes vigueses
Autor: Rafael Rodríguez Fernández-Broullón
Editorial: Deputación Provincial
Fecha: 2004194
Páxinas: p.; il.; 24x17 cm.
ISBN: 84-8457-210-2
Col: “Heráldica e xenealoxía”

Comentario da Editorial:
O conxunto está centralizado no interesante “Paseo de los escudos” do xardín de Castrelos, unha trintena onde están representadas as liñaxes asociadas a cada pedra de armas, outrora presidindo moitas das casas con avoengo da cidade e rescatadas formando un conxunto de extraordinario valor, non só artístico pola labra senón pola información que os seus cuarteis ofrecen. A primeira parte do estudo establece a pauta descritiva do escudo: datación –cando é posible-, estado de conservación, descrición das armas e relato xenealóxico. Das familias máis representativas faise a árbore xenealóxica para unha mellor comprensión dos sucesivos enlaces: son os Acevedo, Arines, Cadaval, Ceta, Falcón, Parcero e Lira, Pazos Figueroa, Pereira de Castro, Suárez de Puga, Taboada Figueroa e Méndez de Sotomayor. Os apéndices documentais son transcricións de orixinais do Arquivo catedralicio tudense, o Histórico Provincial pontevedrés e particulares. Pechando o traballo, un glosario heráldico, referencias bibliográficas e tres índices: de liñaxes (que remite á páxina onde poden atoparse aqueles), onomástico o segundo e un terceiro do xeral da obra.
Deputación de Pontevedra
La Voz de Galicia