Título: "Dicionario" Lorenzo Varela
Autor: X. Gregorio Ferreiro Fente
Xénero: Dicionario
Número de páxinas: 211
Editorial: 3C3
Colección: Letras dous mil...
Ano de edición: 2005
ISBN: 84-934335-4-3
Idioma: Galego Esta colección "Dicionario" xurdiu en 2001 coa pretensión de difundir o coñecemento, fundamentalmente entre a comunidade escolar, sobre os escritores aos que a Real Academia Galega adica, cada 17 de maio, o Día das Letras Galegas. Atendendo aos criterios de edición e ao propósito divulgador e didáctico da colección, elaborouse este libro sobre Lorenzo Varela (La Habana, 1916 - Madrid, 1978), a personalidade literaria que Galicia homenaxea o Día das Letras deste ano.
Fonte: Novidades editoriais galegas ""Dicionario" Lorenzo Varela". O Buscador de Libros da CRTVG, 10-5-2005. (http://www.crtvg.es/cgi-bin/libros2.asp?Identificador=2004&idioma=galego)