Título: O foro do bo burgo do Castro Caldelas
Editorial: Consello da Cultura Galega.
Fecha: 2005
Páxinas: 11p il.
Formato: Ebook, libro electrónico. PDF.
Descargar: Consello da Cultura Galega. O foro do bo burgo do Castro Caldelas

Comentario de CulturaGalega.org:
O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta o documento máis antigo escrito en idioma galego en Galicia que se coñece ata o momento. Trátase do 'Foro do bo burgo do Castro Caldelas' (Ourense), dado polo rei Afonso IX en Allariz en abril de 1228 e que actualmente se conserva nos Arquivos dos Duques de Alba en Madrid. O documento é unha actualización escrita en galego do texto en latín do foro feito en 1172 polo rei Fernando II de León e a raíña dona Urraca. O estudio do documento foi feito polo profesor e Secretario do Consello da Cultura Galega, Henrique Monteagudo. Con licenza do Arquivo dos Duques de Alba