Título: O Dote Matrimonial. Economía e Sociedade en Deza durante os séculos XVI a XIX.
Autor: César Gómez Buxán.
Edita: Deputación de Pontevedra. Pontenova nº 9.
Fecha: 2005.
Páxinas: 38 p. Fotos e gráficos.
Formato: PDF. Libro electrónico.
Tamaño: 3.243 KB
Descarga: Deputación de Pontevedra http://pdf.depontevedra.es/ga/105/TiBpoPyCMh.pdf
Obrigado achegarse a este traballo, máxime estando a libre disposición na rede, para todo aquel que queira asomarse ás condicións de vida dos nosos antepasados e o xeito en que artellaban os matrimonios. Porque aínda que o traballo céntrase nas dotes documentadas na comarca de Deza , a narrativa de Cesar sen fuxir do rigor levaranos a maxinar moi doadamente as tensións e incluso emocións duns personaxes presos do cotián e dos bens, nuns casos para sobrevivir e noutros para a adquisición de máis poder.
Tamén vese como paulatinamente no período estudado a utilización de bens e útiles para as dotes vai deixando paso ó diñeiro, para ó final ser este practicamente exclusivo.
O presente traballo e una revisión ampliada i en galego, que inclúe agora fotos amais dos gráficos, do publicado no Anuario de Estudios e Investigación Deza nº 3, do 2001, e que xentilmente me fixera chegar o seu autor no seu momento.