Un libro recolle as curiosidades de esquelas, recordatorios e lápidas dos camposantos. Na Longa noite de pedra, Celso Emilio escribiu:

«Quero morrer eiquí.
Ser sementado nesta miña bisbarra.
Pousar eiquí pra sempre as miñas azas»

Este é un dos textos recollidos no libro Esquelas e lápidas en galego, publicado por Tres C Tres e do que son autores Xesús Ferro Roibal, María Xesús Anido Silvosa e Carmen Lamela Villaravid.

Esta publicación, na que colabora a Consellería de Cultura, forma parte da campaña Galegos de por vida, un movimento integrado por persoas defensoras de que cando morran «todo o relativo ó seu funeral e enterro, incluidas esquela e lápida se as houbera, se realice exclusivamente en galego».

Leer mais en La Voz de Galicia