"O Diccionario" de heráldica de Galicia, i en galego. Recompilados polo autor ó longo de 25 anos os escudos dos apelidos galegos, ou con asentamento en Galicia.
Entrase por apelido e danos a súa descrición das armas (coma no Diccionario de Fernando González-Doria).
Inclúe as imaxes dos escudos recreadas polo autor.
Título: Libro da Heráldica Galega
Autor: Luciano Fariña Couto
Edita: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Fecha: 11 do 2001
Idioma: galego
Páxinas: 645 con ilustracions.
ISBN: 84-89748-92-6

Ofrece a máis nutrida recompilación de debuxos de escudos galegos reunida ata o de agora (2.142 no índice final e algo máis de 1.000 complementando o texto, alcanzando a suma dos dous conceptos un total de 3.237 entradas), dato que, sen máis consideracións, convirte a este libro no mellor documentado/ilustrado sobre o tema en Galicia.

Estos son dous exemplos dos deseños heráldicos incluidos:
PazosRúa