Fai pouco publicouse un libro sobre a historia de Corcubión, pode atoparse en Internet e publicado por Lulu.com.

Estudo Historia de Corcubión, ano 1572-1630 pódese adquirir con ISBN dos EE.UU, agora o autor acaba de publicalo con ISBN de España e o mesmo aparecerá en Galego.
Tamén podemos atopar no blog persoal de Paul, diversos artigos sobre historia de Corcubión ademais de diversa información.

ESTUDO, HISTORIA DE CORCUBIÓN (FINAIS DO S. XVI E PRIMEIRO TERZO DO S. XVII)

A Historia e Estudo de Corcubión nun período de sesenta anos, 1572-1630, onde se aprecia con todo detalle o rexurdir dunha vila moi importante no condado de Altamira. Coñezamos a través deste estudo como era Corcubión por aqueles anos. A forma de vida das súas xentes, a dedicación, a súa poboación, nomes e apelidos daquela época e un longo contido dos tempos que tocaba vivir por eses anos.