• Modifícase o Inicio de Xenealoxía.org coa sección Noticias para poder subscribirse ó contido web e poder seguir máis doadamente as novas entradas.
  • A anterior páxina de Inicio consérvase cun novo enlace no menú de tódolos usuarios rexistrados.
  • Tendo en conta que a totalidade de esta web é texto, auméntase o tamaño dos tipos de letra nun punto de forma xeral i en dous para algúns titulares.
  • A sindicación do contido pasa a ser un feito: http://www.xenealoxia.org/backend.php
Moitos de vos utilizades o que se coñece como sindicación de contidos ou tamén máis tradicional, subscrición. Paro os que non, direi que trátase dunha ferramenta moi útil que con algúns programiña ou navegadores, ou mesmo co xestor de correo, permítenos recibir as novas de tódolos sitios ós que estamos subscritos sen ter que darnos un paseo por cada páxina para ver se hai algo novo.

En Xenealoxía.org isto podíase facer e pódese coas Noticias, pero iso non era suficiente pois non nos mantiña ó tanto da marcha do resto da web (Liñaxes, Apelidos, Artigos, Enlaces...).

Para subsanar isto a partir de agora a páxina de Inicio vai ser a sección de Noticias, e todos os cambios ou novas entradas das outras seccións pasarán por esta. Que se publican dez apelidos, haberá unha noticia dicindo que se publicaron tales apelidos, o mesmo as Liñaxes, etc. Deste xeito a comunicación que os tempos demandan queda asegurada. Os Foros non entran polo de agora neste esquema, pero algo hai que vir por aquí ¿non?.

Para que ninguén vote nada a faltar, tódolos usuarios rexistrados teñen no menú da esquerda un novo enlace chamado “Principal”, pulsando neste enlace accedese á páxina que era o Inicio de Xenealoxía.org hasta agora e á que todos estamos acostumados.

Tamén á esquerda embaixo puxen un gráfico GIF para os webmasters que queiran poñer un enlace cara Xenealoxía.org no seu sitio web (312 bytes).
E xusto embaixo outro gráfico que pon “XML”, onde se pode copiar a URL para sindicar as noticias.

Para os que teñan intres en ampliar máis sobre a subscrición de noticias ou sindicación aconséllolles a páxina da Universidade de Murcia:

"Sindicación de contenidos (suscripción a la bitácora)"
http://www.um.es/broadpeak/tut_sindicacion/index.php

e na web Úsalo:

"RSS. El que no lo conoce no lo usa"
http://usalo.blogspot.com/2005/08/rss-el-que-no-lo-conoce-no-lo-usa.html

Saúdos:
Ricardo Lago