Hai tres anos un equipo de investigadores de historia agraria da USC chamaron a atención sobre o mal estado de conservación dos materiais que recollían a historia oficial das entidades locais pontevedresas desde os anos 40 ata os 70. Logo daquela denuncia o material depositado en Pontecaldelas ía ser trasladado a unha nave alugada polo Arquivo Histórico Provincial. Cando a directora chamou para facer efectivo o traslado dos fondos atopouse con que todo o material que demandaba, e que recolle a historia agraria de Galicia, fora levado ao vertedoiro.
Publicado en CulturaGalega.org
Ler máis en => La Voz de Galicia