Como novidade máis importante inclúe un enlace á base de datos de descrición multinivel dos fondos documentais. Trátase dun paso máis no proxecto de informatización do Arquivo, iniciado hai máis de 10 anos.
Comprende máis de 50.000 rexistros descritivos e unhas 80.000 autoridades correspondentes a 15 fondos ou fraccións de fondos. Para acceder, deben seguirse as instruccións que constan no texto de enlace, isto é:
  • Introducir como nome do usuario: opac, e como clave: 1.
  • Unha vez dentro, pode facerse unh busca libre, por calquera palabra, ou polas autoridades almacenadas.
  • Tamén se pode acceder directamente aos fondos que están incluídos na base a través do cadro de organización do Arquivo. Para iso, é preciso introducir na primeira busca o nome do Arquivo: Arquivo do Reino de Galicia.
=> Arquivo do Reino de Galicia

=> Base de Datos de Descrición Documental