Uns tres mil documentos dos séculos XIX e XX compoñen o importante arquivo do Instituto Lucus Augusti. Este centro de ensino de Lugo foi o primeiro das súas características en Galicia, e ata os anos trinta do século pasado o único instituto de Lugo. O legado de todos os anos de actividade desde 1842 foi clasificado hai tres anos e desde hai uns meses conta cun novo espazo de acollida. Onte, o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, visitaba o arquivo do centro para ver "en que medida pode colaborar a administración para a súa conservación".
Historia do Instituto de Lugo
Fonte: O primeiro instituto. Cultura Galega, 3 de xaneiro de 2006. culturagalega.org