Milleiro particípanos desta importante información: Pódense facer peticións sobre ós fondos deste arquivo vía correo electrónico, e recibir os documentos por correo tradicional. Esta é a páxina que a Xunta ten para o Arquivo do Reino de Galicia a onde debemos dirixir a nosa petición. Enviarannos unha relación dos rexistros existentes e o presuposto.

Dinos Milleiro:

“En relación ao meu apelido tiñan unha ducia de expedientes da Real Audiencia da Galiza, en total unhas 1689 páxinas. Cada copia tivo un custe de 0,072121 euros, no meu caso cos gastos de envío saíu nuns 122 euros (non tardaron nen 3 semanas en realizar o pedido).”

Que ven sendo o custe das copias.

Tanto no seu caso coma no de Lamigueiro (membro tamén de Xenealoxía.org), cuns apelidos que non están moi espallados, permitiulles afinar a súas hipóteses sobre a orixe dos seus respectivos apelidos, servíndolles nalgúns casos coma fonte xenealóxica.

“Teño que dicer que o traballo das persoas que traballan para o ARG é "chapó". Acho que isto pode axudar a moita xente que está a estudar un apelido concreto como é no noso caso, máis tamén é perfectamente válido como instrumento xenealóxico, eu diría que MOI BO.”

Conclúe Milleiro.