O pasado 26 de xuño foi presentado en Pontedeume o nº 16 da revista de estudos eumesa "Cátedra", polo profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Emilio Grandío.

Para achegarnos ao seu contido recollemos o publicado nos máis medios de comunicación. Un apartado á memoria do falecido poeta Ramiro Fonte, outro ao premio de investigación gañado por María Fidalgo. O asociacionismo mariñeiro eumés, San Rosendo e Caaveiro, a casa dos Andrade, Bartolomé Rajoy e Losada, Macario Gallego, Matías Fernández Murias, a familia Beltrán de Anido, o clérigo Pedro Ribera e Pardo, o deputado Andrés Rojo del Cañizal, son algúns dos temas que podemos atopar nas súas 450 páxinas. Volveremos sobre ela cando a tiñamos nas nosas mans.