CuturaGalega.org anuncia a saída da Revista Eumesa de Estudos, Cátedra, que xa vai polo seu número 17.

Entre os contidos deste número, que se presentará o vindeiro mercores 23 na Casa da Cultura de Pontedeume, destaca a biografía de Antonio Leira Díaz. Canda el un artigo fará unha nova interpretación das pinturas do retablo maior da igrexa de Santiago de Pontedeume, estructurada por Carlos de Castro Álvarez; ou a descuberta dun proxecto inédito do arquitecto Antonio Tenreiro na vila dos Andrade.