A Asociación de Xenealoxía Heráldica e Nobiliaria de Galicia celebrará o próximo venres 8 de abril, en Pontevedra, unha xornada festiva para conmemorar o seu décimo aniversario.

A asociación aproveitará este acto para presentar o noveno número do seu boletín, no que participan vinte e cinco autores-investigadores, e que inclúe vinte e catro artigos sobre os últimos descubrimentos e achegas científicas nestas ciencias.

Publicado en La Opinión.