O Goberno de Navarra concedeu hoxe o premio "Príncipe de Viana de la Cultura 2011" ao heraldista aragonés Faustino Menéndez Pidal en substitución do arquitecto Renzo Piano, quen renunciou á distinción ao non poder asistir, tal e como establecen as bases, ao acto de entrega.

Menéndez Pidal é doutor Enxeñeiro de Camiños pola Universidade Politécnica de Madrid, cidade na que reside dende hai moitos anos, é vicedirector da Real da Historia, académico de número da "Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía", director da revista "Hidalguía" e membro do consello de edición da revista "Emblemata".

Noticia completa en Menéndez Pidal, nuevo premio Príncipe de Viana de la Cultura 2011