En PARES infórmase a todos os investigadores e cidadáns en xeral que a documentación do Arquivo Histórico Nacional (Madrid) pertencente á denominada "Causa General", incluída dentro do Fondo da Fiscalía do Tribunal Supremo, foi trasladada e depositada para a súa preservación e difusión no Centro Documental da Memoria Histórica (Salamanca).

Os interesados en realizar unha consulta dos documentos orixinais ou en obter copias certificadas destes deberán dirixirse ao Centro Documental da Memoria Histórica.

A información recollida no Portal, as fichas descritivas e as imaxes dixitalizadas pódense seguir consultando dentro do ámbito do Arquivo Histórico Nacional.