A Asociación de Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia, celebrou o pasado venres o décimo aniversario da súa fundación en Pontevedra, tamén se elixiu nova xunta directiva, que volve presidir Carlos Acuña Rubio.

O novo boletín editado polo colectivo, no que 24 expertos que abordan temas como as particularidades dos novos escudos aprobados pola Xunta, as labras heráldicas desamparadas, a heráldica de Lituania ou traballos sobre a xenealoxía de varios pazos da provincia pontevedress, como os de Rivas de Escuadro, Codeseda e A Silva na Estrada, o do Outeiro en Portas e os de Sestelo de Siador e Santiago de Taboada en Silleda. Tamén se inclúen artigos sobre os Fonseca, arcebispos de Santiago, sobre os Irmandiños, a revolta popular en Galicia e sobre as encomendas e colares das ordes militares.

Luis López Pombo asina un artigo que vincula a orixe da presidenta de Arxentina, Cristina Fernández Kirchner na zona de Lugo.

Nova lida en La Voz de Galicia.