O 5 de febreiro de 1812 publicouse na Gazeta de Santiago o primeiro texto xornalístico na nosa lingua, un artigo de opinión en forma de carta, e defensor da ideoloxía liberal fronte ás ideas absolutistas e do dereito dos cidadáns a elixir democraticamente os xuíces. 200 anos máis tarde, Praza Pública e outros medios, continuamos o ronsel aberto por este texto.

Benvidos! 200 anos de xornalismo en galego