Como sería un Museo Nacional de Arte de Galicia? Xesús Baños, presidente da Asociación de Amigos do Arqueolóxico da Coruña, fíxose esa pregunta hai un ano e medio e comezou a descubrir que moitas das obras de arte máis significativas de Galicia atópanse hoxe fóra, nalgunhas das principais coleccións pictóricas do mundo. Nesta segunda entrega de O museo imaxinado Baños detense na pintura, desde o Renacemento ata finais do século XIX.

O Museo Imaxinado (II): a pintura ata finais do século XIX