O breviario ten un contido litúrxico, e conta un texto do novo testamento, pero o máis chamativo é que tamén contén unha inscrición musical. Segundo Veiga, "trátase dunha antífona, cunha notación musical aquitana". Foi o músico Fernando Gómez Jácome, canda o coro Solo Voces, quen levou a cabo a interpretación da partitura na clausura do Curso de Primavera da USC "Vida e letras milenarias".

Localizan un breviario do século XIII nun pazo de Cervantes