Na web que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas activou o pasado mércores 16 de maio pódense consultar e descargar a Base topográfica de Galicia, o Mapa de Usos do Solo do ano 2005, a ortofotografía do PNOA do ano 2009-2010 e a ortofotografía do Voo Americano do ano 1956, unha cartografía inédita que superpón 4000 imaxes da época coa toponimia actual. En total son máis de 20 mil mapas, que nos seus dous primeiros días de acceso público, rexistraron máis de 75 mil visitas.

Centro de descargas de información xeográfica

A páxina que agrupa a información cartográfica de Galicia rexistra 75 mil visitas en dous días