A muralla de Lugo é un dos 132 sitios do mundo que se poderán percorrer virtualmente no novo proxecto de Google, a plataforma World Wonders Project.

Este proxecto, presentado mundialmente este xoves en Madrid, permite que os usuarios exploren e descubran, grazas á tecnoloxía Street View, unha gran cantidade de sitios patrimonio da humanidade, pertencentes a 18 países diferentes, ademais doutros excepcionais e fascinantes lugares do planeta.

Google inclúe a muralla de Lugo entre as súas marabillas mundiais