Para este xoves está prevista a presentación do libro 'Murguía' que a editorial Galaxia publica dentro da súa colección de Grandes Biografías e que correu a cargo do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández.

No acto intervirán Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia, Xosé Ramón Barreiro Fernández, autor e académico numerario, e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Presentación da biografía de MURGUÍA na Coruña