O ata o de agora director do Arquivo de Galicia, Gabriel Quiroga, presentou a súa demisión ante a Consellaría de Cultura, segundo confirmaba hoxe este departamento. A renuncia prodúcese poucos días despois da presentación do Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, que traslada os fondos do Arquivo á Biblioteca de Galicia, que pasará a ser deste xeito Biblioteca e Arquivo de Galicia, destinando a actual sede do arquivo a outro fin. O texto, no entanto, non establecía unha fusión dos dous organismos, senón unicamente a súa convivencia no edificio.

Dimite Gabriel Quiroga, director do Arquivo de Galicia