"O romance da urca de Santo Antón é un poema en galego con partes en castelán que se escribiu en 1777 e que ten como tema central as viaxes comerciais entre Europa e América. A obra, de 668 versos, conservábase no Códice 1052 do Archivo Histórico Nacional de Madrid, e ve agora a luz da man da Fundación Barrié. O volume inclúe a edición crítica e un estudo histórico-lingüístico da obra da man Ramón Mariño, Margarita Sánchez e Damián Suárez. Este supón un dos escasos textos en galego deste período."

A Fundación Barrié recupera un romance en galego do século XVIII