O próximo xoves 15 presentarase na USC o número 21 da revista Obradoiro de Historia Moderna. Será ás 13.00 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía nun acto no que interveñen a directora da publicación, María del Carmen Saavedra, o secretario da mesma, Isidro Dubert, e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco.

Revista Obradoiro de Historia Moderna