Maximino Reboredo deixou unha colección de placas que os seus descendentes conservaron e que agora son exhibidas por primeira vez na Fundación Caixa Galicia, en Lugo, onde foron feitas unha meiranda parte delas.
Reboredo fotografiou escenas cotiáns, feiras, romerías, algunha partida de cartas ou acontecementos máis salientables como a partida do reximento Luzón cara a Cuba. Chamarán poderosamente a atención os retratos dos mortos que encargaban facer os seus parentes para gardar memoria deles.

Ler máis => La Voz de Galicia