Lido na La Voz de Galicia
Curso sobre o patrimonio galego
- Escrito por Xenealoxía.org
- Categoría de nivel principal o raíz: Novas
- Categoría: Eventos
- Visto: 5467
Co título “Patrimonio, nas túas mans” a Consellería de Cultura organiza un curso en diferentes cidades galegas.
Impartirano expertos na conservación de monumentos, arqueoloxía, Administración, directores de museos, e tocará temas como: a persecución de delictos contra o patrimonio, a prevención e a investigación de agresións ó patrimonio, a arqueoloxía, os bens da Igrexa, lexislación sobre este asunto, a restauración, os cascos históricos, e as agresións ó patrimonio.
As clases inclúen teoría máis practica, darase documentación, sendo as prazas limitadas.
En Lugo cidade, comezará o vindeiro mércores, hasta o Venres. Será na Biblioteca Provincial, e a inscrición é gratuíta.
Lido na La Voz de Galicia
Lido na La Voz de Galicia